Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados e convoca unha nova edición do seu concurso de decoración do Nadal

53

ACISA REPARTE 15.000 RUEIROS NOS HOTEIS ASOCIADOS E CONVOCA UNHA NOVA EDICION DO SEU CONCURSO DE DECORACION DO NADAL PARA PARTICIPAR E OPTAR AOS PREMIOS É PRECISO INSCRIBIRSE ANTES DO 22 DE DECEMBRO.

Neste Nadal Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados para dar información aos visitantes durante estas datas festivas.

Segundo explican desde a directiva de Acisa “os novos rueiros están pensados para que os hoteis poidan informar aos seus clientes de forma rápida e eficaz. Levan un listado onde están tódolos establecementos asociados, e no que se poden consultar tendas, bares, restaurantes… E ademais proponse unha ruta turística da vila, percorrendo os principais lugares de interese”.

Este material foi editado e repartido por Acisa, en colaboración co Concello de Ribadeo, no marco das actividades conxuntas do convenio firmado entre ambas entidades.

Dende a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos cren que “se trata dunha iniciativa que é moi importante, xa que ten dous obxectivos: por un lado, aforrar custes aos hoteis dándolles materias que usan a diario, e facer publicidade de todos os establecementos asociados a Acisa”.

Na presentación dos novos rueiros participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, así como o presidente e a tesoureira de Acisa, Francisco Iriarte e Manoli Torviso, respectivamente.

O Nadal nos escaparates e no interior dos locais

Acisa Ribadeo convoca unha nova edición do seu concurso de decoración do Nadal para comerciantes e hostaleiros de Ribadeo. A directiva de Acisa quere “con este concurso, incentivar a participación na decoración con luces e adornos navideños de fachadas e interiores de negocios, co fin de contribuír á ambientación do Nadal na nosa vila. Queremos darlles máis vida aos nosos negocios e tamén a Ribadeo”.

Convócanse dúas modalidades para participar, unha para comercio, na que é necesario decorar fachadas e escaparates; e outra para hostalaría, sendo necesario decorar fachadas e barras.

Todos aqueles negocios que queiran participar deberan inscribirse antes do dia 22 de decembro enviando un mail a info@acisaribadeo.es. A decoración deberá estar posta polo menos dende o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro.

O xurado formado por membros de Acisa Ribadeo valorará a orixinalidade, deseño e iluminación. O premio de cada categoría é un trofeo da asociación e 100 euros en vales de compra para gastar nunha cea de empresa nun local hostaleiro asociado.

Bases do concurso de decoración do Nadal:

pdf Descargar as bases do sorteo en formato PDF (140KB)