Entrega de premios aos gañadores da campaña “A túa fidelidade ten premio”

159
Entrega de premios aos gañadores da campaña A túa fidelidade ten premio

ENTREGADOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES DA CAMPAÑA DE FIDELIZACIÓN DE ACISA

EN TOTAL FORON REPARTIDOS 600 EUROS EN VALES DE COMPRA ENTRE TRES RIBADENSES.

Nas novas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, sitas na rúa Viejo Pancho, 13, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores da campaña A túa fidelidade ten premio, que se desenvolveu ao longo do mes de xuño.

Os afortunados foron; José Ramón Loureiro, de Ribadeo, que obtivo 300 euros en vales para gastar nos establecementos asociados por unha compra realizada en Ginzo Moda; David Prieto, de Ribadeo, que levou 200 euros en vales por unha papeleta cuberta en O Indiano; e Mariña Rubiños, obtivo un premio de 100 euros en vales de compra por unha consumición realizada en Malo Será.

Durante os 25 días de duración desta campaña repartíronse máis de 100.000 rifas nos locais asociados. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, comentou que “foi tal o éxito que houbo que facer unha segunda produción de papeletas. Desde Acisa estamos moi contentos da participación, xa que foron cubertas e recollidas para participar no sorteo en torno ao 90% delas. Sabemos que se estiveron a cubrir as papeletas ata o último día”.

E engade que “estamos moi contentos co resultado, porque o número de papeletas repartidos indícanos que unas 90.000 persoas ao longo destes 25 días de campaña gastaron no locais asociados en roupa, complementos, calzado, papelería, comida, bebida… dentro da moderación, xa que a economía non está aínda no seu mellor momento, podemos facer un balance positivo desta campaña”.

Francisco Iriarte subliña que “como en todas as nosas campañas, pero en esta en participar, o que buscamos é fidelizar á clientela, en especial á ribadense e á da comarca para que merquen en Ribadeo, en lugar de marchar a grandes áreas comerciais e en lugar de recorrer a plataformas de venda online. É difícil competir con todo isto, pero desde Acisa traballamos intensamente para paso a paso, campaña a campaña, poder logralo. E sobre todo que a xente se conciencia da importancia de mercar no comercio local, onde ademais poden obter importantes premios”.

Os afortunados na campaña A túa fidelidade ten premio disporán de dous meses para gastar os seus premios nos establecementos asociados. Fixéronlles entrega dos seus agasallos o vicepresidente de Acisa, Juan Andina, e o xerente da asociación, Jesús Pérez.