Os prezos arden 2018

259
Os prezos arden 2018

TRINTA E CINCO COMERCIOS DE RIBADEO PARTICIPAN DO 22 AO 24 DE XUÑO NA SEGUNDA EDICIÓN DA CAMPAÑA OS PREZOS ARDEN. DURANTE ESTES DÍAS HABERÁ INTERESANTES PROMOCIÓNS E DESCONTOS QUE OSCILARÁN ENTRE O 10% E O 50%

Do 22 ao 24 de xuño terá lugar en Ribadeo a segunda edición da campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos e na que participan 35 establecementos. Estes locais ofrecerán interesantes promocións e descontos aos seus clientes que oscilarán entre o 10% e o 50%.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “con esta campaña o que buscamos é adiantarnos ao inicio das rebaixas de verán, para atraer ao cliente a visitar as nosas tendas, mercar artigos que estean en promoción e de paso botar unha ollada e ver os outros produtos que alí poden atopar e que lles poidan interesar. Chega o verán e é un bo momento para comprar roupa e material para ir á praia. Hai moita xente que estivo a retrasar estas compras, debido ao mal que tivemos ata o de agora. Entón este é o seu momento”.

Iriarte engade que “entre os 35 participantes, que farán descontos do 10, 20, 30 e ata o 50%, temos tendas de roupa, deportes, complementos, papelerías, centros de beleza, ópticas, mercerías… onde todos atoparemos o que precisamos para estes meses de verán. Ademais de descontos nos comercios participantes os clientes atoparán promocións, agasallos, etc”.

O presidente de Acisa subliña que “como sempre desde Acisa Ribadeo o que pretendemos con esta campaña Os prezos arden é fomentar as compras no pequeno comercio, no que temos a carón da casa. E neste senso continuamos co noso traballo de concienciación e seguimos sumando establecementos asociados. Imos pasiño a pasiño, pero sen pausa”.

Os locais que se dan cita en Os prezos arden son:

  • GINZO GRANDES DESCUENTOS EN TODAS LAS PRENDAS.
  • SANJURGO 20% DE DESCUENTO.
  • ESPRIT 20% DE DESCUENTO.
  • OPTICALIA Promoción y descuentos especiales en gafas de sol.
  • BORA BORA 20% DE DESCUENTO.
  • BODEGAS RIBAIERAO Un dto del 10 % en productos seleccionados.
  • ÓPTICA MIRÓ 60€ de regalo en gafa de sol, al comprar una gafa graduada.
  • MERCERÍA TORVISO 50% descuento en artículos seleccionados.
  • GÜENDOLINA ofreciendo un 20% de descuento.
  • PIPOLS DESCUENTOS ESPECIALES.
  • JULIA MODA INFANTIL Descuentos del 20%, 25% y 30% en moda infabtil excepto baño.
  • DANDARA Un descuento del 20% a los clientes no registrados y un 30% de descuento a clientes registrados o nuevas altas en toda la colección.
  • NANÁ Liquidación de Stock a 15, 19 y 29 € y – 20% en Prendas Seleccionadas de Nueva Colección.
  • BOUTIQUE VALENTINA EL 20% de descuento en todos los vestidos de verano.
  • BOUTIQUE DEL RÍO El 20% de descuento en todas las parkas y cazadoras de verano.
  • SAIA 15% de descuento directo en ropa de temporada y el 60% en outlet!.
  • ÓSKAR PELUQUEROS Corte más tratamiento reconstructor o color 35€.
  • BIA A BIS POR COMPRAS SUPERIORES A 20 EUROS UN TAYER DE PINTURA DE REGALO.
  • TERRA BRANCA Obsequiando con una lámina de autor a los clientes que nos visiten esos días.
  • ÓPTICA CARREIRA Descuentos del 30% en artículos seleccionados.
  • ¡HOLA!OLA STREET Descuentos hasta el 50% en una selección de ropa y calzado.
  • ¡HOLA!OLA SURF Descuentos hasta el 50% en una selección de ropa y calzado.
  • COCO Descuentos de hasta un 50% dto.
  • JATAY Descuentos de hasta un 50% dto.
  • FARFALA Ven a ver nuestro outlet 4€ a 40€ No te lo pierdas.
  • FOLDER 20% DE DESCUENTO EN TODASLAS COMPRAS SUPERIORES A 15%, PORMOCION NO ACUMULABLE A NINGUNA OTRA.
  • PEQUERRECHOS DESCUENTOS ESPECIALES EN TIENDA.
  • MERCERÍA VIZCAYA 20% EN BAÑO Y 10% EN LENCERÍA.
  • GLASS 20% EN TIENDA Y ZONA OUTLET AL 50%.
  • DEPORTES DOCOBO 20% DE DESCUENTO EN BOTAS DE FUTBOL, FUTBOLL SALA Y EN EQUIPACION DE LA TEMPORADA 2017/2018 DEL F.C. BARCELONA, REAL MADRID Y CELTA
  • R23 20% EN ROPA Y COMPLEMENTOS.
  • BIMBA 13 20% de descuento en toda la tienda.
  • ANAIS 10% de descuento en las prendas de campaña y una zona outlet con un descuento dedel 50% al 70%.
  • PLATERÍA GUTIÉ 50 % EN PRODUCTOS SELECCIONADOS Y SELECCIÓN E PRODUCTOS A 10€.
  • CASTILLO DE PESCA
    10% de Descuento en: Jigs de Slow jigging. ¡La pesca de moda!. Poteras, tanto artesanas como de marca. Accesorios de Náutica.
    5% de Descuento en: Trajes de submarina ¡Además de Cañas y Carretes de Saldo con hasta un 60% de descuento!.

Os prezos arden 2018