X FESTA DO COMERCIO | NELA SE REPARTIRÁN 4.000 EUROS EN PREMIOS. O SORTEO POR PRIMEIRA VEZ NON SERÁ PRESENCIAL, POR MOR DA SITUACIÓN SANITARIA QUE ESTAMOS A VIVIR.
A X Festa do Comercio de ACISA Ribadeo terá unha duración dende o 4 de decembro o 10 de xaneiro.
Nese período, poderanse atopar en tódolos establecementos asociados a ACISA, as rifas para participar. Nesta edición póñense en circulación 125.000 rifas; número que se podería ampliar.
Participar é moi sinxelo, os clientes dos nosos establecementos, so teñen que pedir a súas rifas no momento de facer unha compra e gardalas ata o dia 11 de xaneiro que se publicaran os números agraciados.
As rifas deberan ir selada polo establecemento que fai entrega delas. Cada establecemento fará entrega das mesas baixo o seu criterio, xa que non se establece importe mínimo por compra, nin numero de rifas a entregar por cliente.
Os premios que se establecen son:
- 1 premio de 2.000 euros.
- 1 premio de 1.000 euros.
- 1 Premio de 500 euros.
- 5 premios de 100 euros.
O sorteo realizarase o 11 de xaneiro as 12:00 horas a porta cerrada nas oficinas de ACISA. Dito sorteo será emitido en directo no Fecebook de ACISA Ribadeo.
O sorteo realizarase cun programa informático que xera numero aleatoriamente entre os 125.000 que entran en concurso.
Posteriormente publicaranse en redes e medios de comunicación os números agraciados.
Descargar as bases do sorteo “X Festa do Comercio” en formato PDF (157KB)