A.C.I.S.A. e concello inician unha campaña de concienciación veciñal para que as donas e os donos de mascotas recollan os seus excrementos da rúa, os leven sempre atados e con bozal en caso de que se trate de razas perigosas

444
ACISA e concello inician unha campaña de concienciación veciñal para que as donas e os donos de mascotas recollan os seus excrementos da rúa, os leven sempre atados e con bozal en caso de que se trate de razas perigosas

ACISA E CONCELLO INICIAN UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN VECIÑAL PARA QUE AS DONAS E OS DONOS DE MASCOTAS RECOLLAN OS SEUS EXCREMENTOS DA RÚA, OS LEVEN SEMPRE ATADOS E CON BOZAL EN CASO DE QUE SE TRATE DE RAZAS PERIGOSAS

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES REPARTE HOXE OS CARTEIS QUE ESTARÁN EXPOSTOS NOS LOCAIS DOS SEUS ASOCIADOS E ASOCIADAS.

Acisa e o Concello inician unha campaña de concienciación veciñal para que os donos e donas de mascotas non esquezan as obrigas que teñen: levar bolsas para recoller os excrementos, correa para que os animais non vaian soltos e bozal en caso de se trate de razas perigosas. A campaña foi presentada polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, pola concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, e polo xerente da Asociación de Comerciantes ribadense, Jesús Pérez.

Hoxe Acisa reparte os carteis entre os seus asociados nos que se pode ver a imaxe dun can e a frase Lembra: can, correa e bolsa

Francisco Iriarte explicou que “es una campaña que lleva a cabo Acisa junto con el Concello para concienciar a la gente que tiene perros de que tiene unas obligaciones con ellos y a ver si entre todos podemos tener un poco más limpio Ribadeo. En la asociación recibimos quejas de que no se recogen los excrementos en las calles y la hostelería y el comercio están un poco enfadados con el tema. Además tenemos un problema grande que es que mucha gente lleva los perros sueltos, dicen que no son peligrosos, pero en algún momento pueden serlo. Es más los perros cuando ven a otros, aunque sea jugando, pueden asustar a un niño o a una persona mayor, entonces yo creo que si nos concienciamos todos a lo mejor arreglamos algo”.

Desde Acisa lembran que a primeira vez que se levou adiante unha campaña similar en Ribadeo, hai xa algúns anos, a resposta foi positiva: “a xente concienciouse e algúns asociados e asociadas comentáronnos que os propietarios de mascotas actuaron civicamente. Pero agora detectamos que se volve a baixar a garda e o que queremos, entre todos, é crear concienciar de novo á veciñanza e que Ribadeo estea o máis limpo posible. Non nos gusta ver os excrementos nas rúas, nos parques, nos xardíns, nas beirarrúas… si temos mascota debemos ser conscientes das nosas obrigas”, sinalou Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

Pola súa banda, a concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, indicou que “se trata dunha campaña de concienciación para todas aquelas persoas que son posuidoras de mascotas. Evidentemente hai unha ordenanza municipal que regula todos estes temas, que tamén é verdade que non se está aplicando ao cen por cen porque por distintos motivos non se pode levar a cabo con toda a eficacia que nos gustaría, pero do que se trata é principalmente de que os veciños e veciñas de Ribadeo se conciencien de que se temos un animal temos que coidalo, pero tamén temos unhas obrigas especialmente cando estamos na rúa e temos que convivir con outros veciños e veciñas”.

Para Ermida “é importante que o que aparece reflectido no cartel da bolsiña, da correa e tamén do bozal, no caso daqueles animais que son considerados razas perigosas, se respecte e se cumpra polo ben de todos”.

ACISA e concello inician unha campaña de concienciación veciñal para que as donas e os donos de mascotas recollan os seus excrementos da rúa, os leven sempre atados e con bozal en caso de que se trate de razas perigosas