ACISA Ribadeo sorteará 2 viaxes para dúas persoas na súa campaña de San Valentín

139

Namórate con Acisa é a campaña que a Asociación de
Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 3 ao 13 de
febreiro. Acisa sorteará dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre máis de 5.100
destinos.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da
campaña de San Valentín coincidindo con esta cita tan importante e tan especial como é
o dia dos namorados. Tras a campaña de Nadal e agora que estamos en plenas rebaixas,
esta campaña sempre é importante realizala, xa que as parellas de namorados
aproveitan para facerse un agasallo para celebrar o amor. Se cabe ademais neste ano,
pode ter maior relevancia e repercusión, dado que esta campaña de San Valentín
coincide co Entroido Ribadense, polo que esperamos que sexa un revulsivo mais para
facer as compras no noso comercio local”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña desenvolverase do 3 ao 13 de
febreiro no comercio asociado a Acisa Ribadeo. As persoas que durante este período de
tempo realicen as súas compras nos negocios asociados recibirán papeletas para entrar
no sorteo de San Valentín. Vanse repartir 8.000 papeletas nesta campaña, 2.000 mais
que o ano pasado. O sorteo será non presencial o 14 de febreiro nas instalacións de
Acisa e o seu resultado darase a coñecer, coma sempre, a través das nosas redes sociais
e dos medios de comunicación. O premio desta campaña, serán dúas viaxes para dúas
persoas de dúas noites con almorzo a escoller en mais de 5.100 destinos”.

Cruzado Iglesias engadiu que “animamos á nosa veciñanza a celebrar o amor en
Ribadeo. A nosa hostalería xa ten preparados menús especiais para estas datas, tanto
nas fins de semana coma o mesmo 14 de febreiro. E no comercio local podemos atopar
todo o que precisamos para sorprender ou para ter un detalle coa nosa parella”.
A campaña de San Valentín, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia,
foi presentada pola presidenta e polo xerente do colectivo empresarial.

BASES CAMPAÑA SAN VALENTIN 2024